Publicador de contidos

Publicador de contidos

O papa condena a violencia machista: "Basta, ferir unha muller é ultraxar a Deus"

O papa condena a violencia machista: "Basta, ferir unha muller é ultraxar a Deus"

G24.gal 01/01/2022 18:06

Na primeira misa do ano, o pontífice reivindiou o traballo das mulleres na Igrexa. Francisco arremeteu durante a liturxia cunha enérxica condena contra a violencia machista.

"Canta violencia hai contra as mulleres. " Basta, ferir unha muller é ultraxar a Deus, que tomou a humanidade dunha muller, non dun anxo, senón directamente dunha muller", exclamou o Papa, na xornada en que se celebra Santa María, nai de Deus e tamén establecida como Xornada Mundial da Paz desde hai 55 anos.

O papa que apostou desde o comezo do seu pontificado polas mulleres salientou que as nais que teñen unha ollada inclusiva que supera as tensións, saben manter unidos os fíos da vida. E destacou que por iso son esenciais no mundo actual.

Francisco continuou a súa homilia gabando o traballo das nais s, senón que os sit´n nun horizonte  para a esperanza!máis amplo". Lembrou ás nai que coidan que coidan dun neno enfermo ou con dificultades. ¡Canto amor hai nos seus ollos, que mentres choran, saben dar razóns para a esperanza!.

Jorge María Bergoglio propúxose en 2013, cando comezaba o seu pontificado, incrementar o número de mulleres na IGrexa, especialmente en cargos relevantes para que poidan marcar a traxectoria que seguirá a institución relixiosa nos próximos anos. Aínda que os cambios non son grandes, asentouse a idea dunha certa normalidade no feito de ver mulleres en postos de relevancia.

Un dos cambios máis importante chegou en febreiro co nomeamento da relixiosa francesa Nathalie Becquart, como subsecretaria do Sínodo dos Bispos, un organismo de consulta composto por bispos de todo o mundo que asesora ao pontífice.

 

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade