Galicia lidera as hipotecas asinadas por mulleres
Case a metade dos préstamos para mercar vivenda na comunidade foron contratados por mulleres, segundo o Consello Xeral do Notariado
Foto de arquivo/Europa Press
Galicia é a comunidade autónoma con maior porcentaxe de hipotecas para a compra de vivenda contratadas por mulleres. Así o reflicten os datos difundidos este martes polo Consello Xeral do Notariado.
Segundo o informe as mulleres asinaron o 49,1 % das hipotecas formalizadas na comunidade, por riba da media estatal, situada no 48,2 %.
Galicia destaca tamén pola contratación compartida de préstamos. O 54,1 % das hipotecas foron sinadas por dúas persoas e un 2 % por tres, procentaxes superiores ás rexistradas no conxunto de Estado.
Desde a entrada en vigor da Lei Reguladora dos Contratos de Crédito Inmobiliario, en xuño de 2019, as notarías galegas formalizaron 89,931 préstamos hipotcarios para a compra de vivenda, o que representa o 3,6 % do total estatal.
O estudo tamén sinala que Galicia é unha das comunidades con menor presenza de compradores doutras autonomías do estranxeiro. Só o 4,2 % dos contratantes procedían de fóra da comunidade, unha cifa moi inferior a media española, do 11,8 %.