Cargando resultados...
O Ourense C. F. non pode coa Ximástica de Torrelavega no Couto
Os cántabros endereitaron o partido con dous goles en media hora
G24.gal
26/11/2022 21:44
O Ourense Club de Fútbol perdeu no Couto fronte á Ximnástica de Torrelavega por un a dous, nun partido en que todos os goles chegaron na primeira metade.
No minuto 12, unha mala saída de balón provocou o primeiro gol do conxunto cántabro, marcado por Basurto. E á media hora de xogo, Tovar, cun bo remate, dobraba a vantaxe dos visitantes. Pero o conxunto ourensán logrou recortar no tempo engadido antes do lecer para darlle emoción ao segundo tempo. Ebuka marcou un golazo para poñer o un a dous no marcador.
No segundo tempo producíronse ocasións nas dúas porterías, pero o marcador non se moveu.