Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Obradoiro e o Breogan, empatados a vitorias, miran de esguello a Copa

O Obradoiro e o Breogan, empatados a vitorias, miran de esguello a Copa

O Obradoiro, sen Bender, recibe o Joventut

O Breogán xoga fóra ante o Betis

Foto @OBRADOIROCAB
G24.gal 15/12/2022 17:29 Última actualización 15/12/2022 17:38

O Obradoiro xa sabe o que é gañar sen Bender, nada máis e nada menos que a todo un Barcelona. A falta de coñecer o diagnóstico definitivo e de se se buscará ou non un substituto no mercado, Moncho Fernández busca solucións dentro. Sobre posibles fichaxes, non dixo nada:

"Creo que é unha pregunta que tes que facerlle ao director deportivo"

Non estará Bender, pero si podería chegar a tempo Westermann. Reforzo importante para medirse co mellor equipo da liga no rebote ofensivo.

Obradoiro e Breogán están igualados a cinco vitorias. Os lugueses visitan o Betis, que leva só dous triunfos e perdeu sete dos últimos oito encontros.

Os lugueses poderían xogar novamente a Copa se conseguen recuperar a senda das vitorias. Para iso faltan aínda seis xornadas. O que si recuperou o técnico foi o sorriso, logo do enfado tras a derrota co Barcelona.

"Non me viches esta semana no adestramento, era moito peor (risas). Esixo moito dos xogadores, pido concentración"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos