Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Obradoiro xogará os cuartos de final da Copa España

O Obradoiro xogará os cuartos de final da Copa España

Coa vitoria sobre o Prat garantiu a primeira posición do seu grupo, co que o COB queda eliminado

G24.gal 12/11/2024 21:41

O Obradoiro vai xogar os cuartos de final da Copa España tras gañar no Sar ao Prat. O cadro santiagués pasa como primeiro de grupo. O partido estivo sempre controlado polo Obradoiro, que se moveu con vantaxes por riba dos 15 puntos ata chegar ao 81-62 final. Gonzalo Rodríguez, que soubo que perde a Tomeu Rigo para toda a temporada, repartiu minutos entre todos os seus xogadores. O máis destacado, con 16 puntos, foi Leimanis. Esta vitoria santiaguesa deixa fóra o Club Ourense Baloncesto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade