Cargando resultados...
O Obradoiro tentará dar un paso decisivo para a salvación en Zaragoza
No caso de gañar deixaría un rival directo a catro vitorias de diferenza
Os aragoneses pasan polo mellor momento da temporada e veñen de gañarlle ao Barcelona
G24.gal
09/03/2023 19:56
O Obradoiro visita este sábado o Zaragoza, ao que lle gañara por tres puntos no primeiro partido da temporada. Os de Porfirio Fisac veñen de gañarlle ao Barcelona e pasan por un bo momento á procura da permanencia.
No Obradoiro, David Walker, que xa traballa co grupo, podería entrar na convocatoria. Tamén Álex Suárez, que sufriu unha leve escordadura de nocello. Se non hai novidades, Moncho Fernández viaxará o venres cos doce xogadores do primeiro equipo.