O Obradoiro suma a novena vitoria consecutiva ante Zamora (106-80)
Os de Diego Epifanio foron un vendaval en ataque con actuación estelar do dominicano Yunio Barrueta
Os composteláns lideran a persecución a Basquet Coruña que xogará o derbi ante o COB esta xornada
@obradoirocab
Cómoda vitoria de Obradoiro sobre Zamora nun partido onde os de Diego Epifanio sacaron a relucir todo o arsenal ofensivo que poseen. Desde o inicio, o ataque do equipo compostelán fluía e da man dun inspiradísimo Yunio Barrueta que con once puntos neste cuarto inicial lideraba a ofensiva local. O Zamora non rehuía do intercambio de canastas, pero sufría para defender o dinámico ataque santiagués. O segundo cuarto transcurriu co mesmo guión: partido a moitas posesións, xogado a campo aberto e con moitas transicións onde o equipo local seguiu abrindo fenda para chegar o descanso cunha vantaxe de 13 puntos (56-43).
No inicio do terceiro cuarto chegaria o tirón definitivo. Con Barcello sumando desde o perímetro e Kravic dominando en ambos os aros a diferenza local estirouse ata os vinta e oito puntos deixando xa sen capacidade de reacción o cadro zamorano. O interese do partido no cuarto final centrouse en saber cando chegaría a centena de puntos o Obradoiro, algo que acadaría a dous minutos do final cunha nova tripla de Barrueta, o mellor na pista do Multiusos Fontes do Sar.
O Obradoiro suma desta forma a súa novena vitoria consecutiva. Os de Epi colleitaron dúas derrotas nas dúas primeiras xornadas do campionato e desde dita xornada gañaron todos os partidos disputados nesta Primeira Federación.