Cargando resultados...
O Obradoiro recruta un base con dez anos de experiencia na Euroliga
Leo Westermann pasou polo CSKA, Fenerbahçe ou Barcelona
A última temporada xogouna no Mónaco, co que tivo unha media de 5,4 puntos e 3,9 asistencias en 19 minutos
G24.gal
05/08/2022 12:59
Fichaxe importante do Monbus Obradoiro que acaba de anunciar o acordo co base francés Leo Westermann. Hai dúas temporadas militou no Barcelona. Westermann pertencía ao Mónaco co que xogou a Euroliga. Neste torneo leva xogando dez campañas tras o paso por Partizán, CSKA, Zalguiris, Limoges, Fenerbache ou Barcelona.
Ten trinta anos. Monbus Obradoiro aposta pola veteranía e experiencia de Leo Westermann para un posto esencial, a dirección do equipo na pista.