Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Obradoiro busca a primeira vitoria do ano no derbi para saír do descenso

O Obradoiro busca a primeira vitoria do ano no derbi para saír do descenso

G24.gal 23/03/2024 14:39

É a festa do baloncesto galego, o partido que todos queren xogar. Coa permanencia en xogo. Co SAR ateigado e coa directiva achegando un base NBA, Dolton, e unha nova camisola. Con Raúl en plan exquisito.

E coa realidade indicando que o Obra está en apuros. Leva dez xornadas sen gañar. Desde o 23 de decembro, cando aquel roubo final de Scrubb e o triunfo, precisamente, en Lugo.  

E así o Sar estará a tope e retumbará o Miudiño. Porque precisan un triunfo que serva de revulsivo e cambie... Todo. E igual serve que sexa Dolton ou que veña do ceo. Axuda divina. O Obradoiro sabe que ten que gañar. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos