Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Obradoiro á fin consegue gañarlle a un rival da zona alta

O Obradoiro á fin consegue gañarlle a un rival da zona alta

Impúxose ao Betis nun partido moi apertado por 71-67 e colócase a un só triunfo do seu rival

G24.gal 10/12/2024 22:23

O Monbus Obradoiro impúxose ao Betis, un dos equipos que ten por riba na clasificación, nunha semana moi importante na Primeira FEB para os santiagueses. O resultado (71-67) reflicte o apertado que estivo o desenlace do encontro. 

Esa igualdade mantívose ao longo dos corenta minutos. Bo inicio do Betis (18-23) pero a boa defensa do Obradoiro no segundo cuarto permitiulle chegar ao descanso cunha mínima vantaxe (33-32). Un parcial de 0-10 puxo contra as cordas o equipo galego no segundo tempo (33-42), pero o Obradoiro deulle a volta á dinámica cun gran Sergi Quintela (25 de valoración) para rematar o terceiro cuarto por diante (52-46). 

Os locais colleron unha máxima de dez puntos (60-50) pero o Betis non ía dar o seu brazo a torcer e volveu equilibrar o resultado cun 0-7. A 1'30" do final o resultado era de 66-65; nese momento, Quintela anotou dous tiros libres e Micovic unha tripla determinante que acabou de decidir o partido. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos