Publicador de contidos

Publicador de contidos

O nomeamento de Mónica Martínez como responsable de Deportes do Concello da Coruña é nulo

O nomeamento de Mónica Martínez como responsable de Deportes do Concello da Coruña é nulo

O TSXG di que o nomeamento de Mónica Martínez non é válido segundo a normativa contra o transfuguismo

 Mónica Martínez presentárase ás eleccións na lista de Ciudadanos, pero pasou ao grupo de non adscritos e logo integrouse no Goberno municipal de Inés Rey

G24.gal 21/12/2022 16:14

A actualidade política tamén nos leva ao Concello da Coruña. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirmou que o nomeamento de Mónica Martínez como responsable de Deportes é nulo, segundo a normativa contra o transfuguismo.

Mónica Martínez presentárase ás eleccións na lista de Ciudadanos, pero pasou ao grupo de non adscritos e logo integrouse no Goberno municipal de Inés Rey, unha medida que se traduciu en novas responsabilidades e máis ingresos.

O tribunal non deu validez a esa integración e, ademais, obriga a Martínez a devolver as cantidades económicas que percibiu derivadas do cargo que ocupaba. Tamén terá que aboar as custas xudiciais. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade