O Noia supera o Parrulo na festa do fútbol sala galego (8-5)
Na primeira parte, o Noia rachou con catro goles en catro minutos
O Parrulo reaccionou na segunda e chegou a poñerse a dous
O Noia soubo manexar a presión e volveu ampliar as distanzas
Derbi frenético en Noia, un festa do fútbol sala galego que caeu do lado local. O primeiro cuarto de hora resultou igualado, pero no que quedaba ata o descanso, o Noia rachou o partido (5-1) cunha actuación sobresaínte de David Pazos.
No segundo tempo, o Parrulo chegou a poñerse a dous (5-3) grazas a Diogo, pero o Noia tirou de calidade e de carácter para manexar con acerto a presión e levarse o partido (8-5).
Os goles: 1-0, no minuto 1, Rubi; 1-1, minuto 10, Diogo; 2-1, minuto 15, Jhoy en propia porta, 3-1, minuto 16, Biel, 4-1, miuto 17, Ismael; 5-1, Ismael; 5-2, minuto 27, Diogo; 5-3, minuto 29, Diogo; 6-3, minuto 31, Ismael; 7-3, minuto 35, Pazos; 7-4, minuto 36, Diogo; 8-4, minuto 37 Fávero; 8-5, minuto 39, Diogo. Diogo marcou os cinco tantos do Parrulo.
Tralo partido falamos con David Pazos, do Noia, e co adestrador do Parrulo, Gerard Casas e os dous coincidían no espectacular ambiente e na magnifífica saúde do fútbol sala galego.