Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Noia Portus Apostoli gaña o primeiro partido da temporada en Valdepeñas (2-4)

O Noia Portus Apostoli gaña o primeiro partido da temporada en Valdepeñas (2-4)

Os de Tomás de Dios protagonizaron a remontada na segunda metade

Foto: @aurecape
G24.gal 14/10/2023 18:01

No fútbol sala, chegou a primeira vitoria da temporada para o Noia Portus Apóstoli. E foi en Valdepeñas, onde os de Tomás de Dios se impuxeron grazas a unha boa reacción na segunda metade.

Na primeira parte foron dúas veces por detrás no marcador. Primeiro marcaba Martel, aos dous minutos. E, xusto despois do empate de Pirata, un minuto antes do descanso, Eloy Rojas establecía o 2 a 1 con que os equipos marchaban aos vestiarios.

Pero na segunda metade chegou a remontada. Empatou Rufino ao pouco de recomezar. E David Pazos establecía o 2 a 3 nunha gran xogada individual. Despois, no treito final, Altamirano estableceu o 2-4 definitivo dende o seu campo cando Valdepeñas estaba con porteiro xogador. A vitoria deixa o equipo galego con catro puntos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar