Publicador de contidos

Publicador de contidos

O inicio do paro na frota de baixura contra as novas esixencias da UE fará escasear o peixe

O inicio do paro na frota de baixura contra as novas esixencias da UE fará escasear o peixe

O próximo luns a frota de baixura do país iniciará un amarre indefinido contra a nova normativa que impón a Unión Europea

As embarcacións suxeitas á nova norma deberán rexistrar todas as capturas quilo por quilo co risco de sanción

G24.gal 16/01/2026 14:05

Representantes das confrarías galegas de pescadores consideraron este venres que é "imposible" cumprir coas novas obrigacións legais impostas pola Unión Europea e mantiveron a súa convocatoria dun paro xeneralizado no sector, cun amarre indefinido, a partir do vindeiro luns 19 de xaneiro.

"Non é unha normativa difícil de cumprir, é unha normativa imposible de cumprir", declarou o patrón maior de Burela e presidente da Federación Nacional de Confrarías de Pescadores (FNCP), Basilio Otero

Unha situación que vai provocar que a partir do luns os peixes da frota de baixura comezarán a escasear nas superficies comerciais.  Un problema para os vendedores, que tamén afectará o consumidor. 

"Esixencias desmesuradas" na nova normativa

O pasado día 10 de xaneiro entrou en vigor unha nova regulación comunitaria que require, entre outras medidas, que os barcos dean aviso previo da súa chegada a porto con catro horas de antelación ou que leve un rexistro as capturas desde o denominado 'quilo cero'.

Son esixencias que Otero ve desmesuradas para unha frota de baixura como a galega, que faena a escasos minutos de navegación dos portos; o que lle levou ha dicir que esta normativa é "inútil" e "difícil de cualificar sen entrar en improperios".

"Ou imos ao mar con certeza ou imos ao mar para pescar multas", subliñou, desconforme tamén coas sancións económicas que a regulación prevé en caso de desviacións no peso das cantidades pescadas de cada especie.

A Xunta avoga por flexibilizar a norma e permitir excepcións

Desde o Goberno galego defenden as reivindicacións do sector. A conselleira do Mar, Marta Villaverde, sinalou que a posición da Xunta pasa por "conseguir flexibilizar" os termos desta norma e "conseguir períodos transitorios e excepcións para esta pesca artesanal" propia das augas galegas.

Por este motivo, instou ao Ministerio a que busque "unha solución que permita que esta frota artesanal poida seguir funcionando como ata o de agora e poida seguir sendo o sustento de moitas familias".

O próximo luns a frota de baixura pechará as lonxas e manifestaranse en Madrid. Ese mesmo día o sector manterá unha reunión co Ministerio para abordar a modificación do regulamento. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade