Publicador de contidos
Publicador de contidos

O museo do videoxogo reabre con máis contidos e novidades

O museo do videoxogo reabre con máis contidos e novidades

Está en Cangas e pódese visitar os sábados pola tarde

G24.gal 20/09/2022 21:44

No museo do videoxogo, en Cangas, podemos facer un percorrido pola historia. Teñen dispositivos dende o ano 72, moitos deles en funcionamento. Galo Martínez Nieto é Cofundador da Fundación Museo do videoxogo de Galicia e explica: "Pódense atopar dispositivos, ordenadores, microordenadores, consolas de todas as épocas, dende 1972 á actualidade, e máquinas recreativas, máquinas Arcade".

Jacobo Martínez é o su irmán e tamén cofundador da Fundación. Para el é importante o carácter experimental do museo: "Este é un museo interactivo. Todo o que ten pantalla e mando é para probar e gozar del".

Queren poñer en valor o videoxogo como un ben cultural e artístico, demostrando a variedade de temáticas e oportunidades que ofrece. Galo detalla que mesmo teñen "unha habitación da memoria. Unha reinterpretación dos cambios sociais e culturais relacionados cos videoxogos que ocorreron naquelas décadas".

Detrás hai moito traballo e ilusión, como aclara Jacobo: "A fundación ten moitas liñas de traballo. Ademais da divulgación e a educación, está a liña da preservación. Temos unha rebotica onde amañamos de maneira continua os dispositivos".

A industria do videoxogo galego conta aquí co seu propio espazo. Entre os obxectivos do museo está o de ofrecer alternativas á mocidade de videoxogos con contido cultural ou histórico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade