Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Museo de Pontevedra entrega este mércores a Polonia dous cadros expoliados por nazis

O Museo de Pontevedra entrega este mércores a Polonia dous cadros expoliados por nazis

Tras dous anos de trámites, as pezas regresarán ao seu país de orixe

Unha empresa especializada en arte encargarase dos cadros, que viaxarán en avión ata Polonia

G24.gal 24/01/2023 18:26

O Museo de Pontevedra entrega este mércores a Polonia dous cadros que en decembro de 2020 foron identificados pola súa procedencia do espolio nazi, un díptico formado por unha dolorosa e un eccehomo do século XV.

Tras dous anos de trámites, as pezas regresarán ao seu país de orixe e serán recollidas por unha delegación do Goberno polaco encabezada pola directora do departamento de Bens Culturais do Ministerio de Cultura e Patrimonio Nacional de Polonia, Elzbieta Rogowska.

As dúas pezas que volverán a Polonia pertencían á colección Czartoryski, roubada polas autoridades do réxime nazi en Goluchów durante a Segunda Guerra Mundial, segundo consta na documentación achegada polo Ministerio de Cultura polaco.

Ambas as pinturas, tras saír de Varsovia no 1944, reapareceron nun comercio de arte de Madrid en 1973 e chegaron ao Museo de Pontevedra no 1994, como parte da compra da colección de José Fernández López, formada por 313 pinturas de autores e cronoloxías diversas.

Os expertos descoñecen onde e en que momento se adquiriron por Fernández López, pero todo parece indicar que puido facelo na sala Parés de Barcelona ou na galería El Cisne de Madrid, das que era cliente habitual. 

Unha empresa especializada en arte encargarase dos cadros, que viaxarán en avión ata Polonia, onde serán depositados no Museo Nacional de Poznan.

O díptico estivo atribuído inicialmente ao pintor holandés Dieric Bouts, principal representante da denominada Escola de Lovaina, pero finalmente aclarouse que son obra de alguén do seu grupo.

Na actualidade, a valoración económica de cada unha das táboas, a efectos do seguro, ascende a uns 130.000 euros

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade