Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Museo de Pontevedra devolverá a Polonia dous cadros expoliados polos nazis

O Museo de Pontevedra devolverá a Polonia dous cadros expoliados polos nazis

Forman o díptico da Dolorosa e Ecce Homo, atribuídos á denominada Escola de Lovaina, dun valor duns 23.000 euros cada un

Devolveranse sen pedir ningunha compensación económica

G24.gal 29/06/2022 18:26 Última actualización 29/06/2022 18:50

 Dous cadros expoliados polo réxime nazi durante a Segunda Guerra Mundial, actualmente na colección do Museo de Pontevedra, poderían ser entregados ás autoridades de Polonia para que determinen o propietario das obras.

Trátase de dúas pinturas que forman o díptico da Dolorosa e Ecce Homo, atribuídos á denominada Escola de Lovaina, dun valor duns 23.000 euros cada un.

Tras encargar informes técnicos para determinar a orixe dos cadros e a aplicación da lexislación internacional na materia, as conclusións establecen que foron expoliados en Polonia tras a invasión das tropas alemás ao mando do réxime nazi durante a Segunda Guerra Mundial.

As dúas pinturas pertencían á colección Czartoryski en Gołuchów, roubada polas tropas alemás que as sacaron de Varsovia en 1944.

As pezas reapareceron en 1973 no mercado de arte en Madrid e foron ingresadas no Museo de Pontevedra como depósito do coleccionista José Fernández López.

En 1994 as dúas obras pasaron a propiedade do museo, que comprou a colección que incluía un total de 313 pinturas de autores e cronoloxías diversas.

A Deputación prevé agora solicitar ás autoridades da Xunta e do Goberno central poñer en marcha o protocolo para a devolución das obras de arte "sen compensación económica de ningún tipo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar