Publicador de contidos

Publicador de contidos

O mozo agredido por un compañeiro de instituto recibe a alta hospitalaria

O mozo agredido por un compañeiro de instituto recibe a alta hospitalaria

Recupérase do susto e das feridas no seu domicilio

Cafetería onde tiveron lugar os feitos Cafetería onde tiveron lugar os feitos
G24.gal 14/12/2021 11:28

O mozo acoitelado por un compañeiro de instituto en Ourense xa recibiu a alta hospitalaria e recupérase do susto e das feridas no seu domicilio.

Os feitos tiveron lugar o pasado venres. A vítima estaba cun grupo de amigos nunha cafetería do barrio ourensán da Carballeira, cando apareceu o presunto agresor. Segundo varias testemuñas, iniciaron unha liorta.

O detido cravoulle supostamente unha navalla nas costas e despois fuxiu. Tras pasar unha noite agochado, entregouse na comisaría con varias armas brancas. O xulgado decretou o seu ingreso en prisión preventiva.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade