Publicador de contidos

Publicador de contidos

O feminismo galego sairá á rúa polo 8M co eco dun mundo en conflito

O feminismo galego sairá á rúa polo 8M co eco dun mundo en conflito

Os participantes reivindicarán os dereitos e desafíos das mulleres no panorama actual e denunciarán as desigualdades que persisten

Nas principais cidades galegas as marchas celebraranse pola tarde

Imaxe de arquivo dunha manifestación convocada na Coruña polo 8M. M. Dylan / Europa Press Imaxe de arquivo dunha manifestación convocada na Coruña polo 8M. M. Dylan / Europa Press
G24.gal 07/03/2026 22:07 Última actualización 07/03/2026 22:52

O movemento feminista galego volverá saír á rúa este 8M para reivindicar os dereitos e desafíos das mulleres no panorama actual e denunciar as desigualdades que aínda existen. Reinvindicacións ás que se incorporan tamén causas globais como o "non á guerra" ou os debates xeopolíticos.

As marchas convocadas por distintos colectivos como a Marcha Mundial das Mulleres, a Asamblea das Mulleres 8M ou a CIG volven escenificar a división do movemento.

Na Coruña, a protesta partirá ás 18,00 horas desde o Obelisco, ou de Santiago de Compostela, cunha mobilización a partir das 20,00 horas desde a Praza 8 de Marzo.

En Vigo, a Marcha Mundial dás Mulleres agrupa ao feminismo cunha manifestación desde a Praza dos Cabalos ás 18,00 horas, mentres que en Lugo será ás 12,00 horas fronte á delegación da Xunta.

En Ourense haberá dúas protestas, unha ás 12,30 en Bispo Cesáreo e outra ás 18,00 horas ante a subdelegación do Goberno.

En Ferrol, as feministas convocan ás 19,00 horas na Praza de Amada García.

En Pontevedra, a manifestación da Marcha Mundial das Mulleres sairá da Peregrina ás 18,00 horas. Con todo, nesta cidade si hai unha concentración convocada por outra entidade. Será pola mañá, ás 11,30 horas, no mesmo lugar, a cargo da Asemblea de Mulleres 8M e o Colectivo Fulanas.

Pero ademais das cidades, as marchas e mobilizacións terán lugar o domingo tamén en localidades como As Pontes, Betanzos, Cangas, Lalín, O Porriño, Ponteceso, Ribadavia, Ribadeo, Ribeira, Val Miñor, Vilagarcía ou Vilalba.

Ademais, o sindicato CIG tamén convocou a súa propia mobilización, neste caso en Santiago de Compostela. Será unha marcha que sairá ás 11,30 horas desde a estación de tren á que convocaron a participar só a mulleres.

Os líderes políticos da oposición confirmaron que estarán presentes nestas marchas: así, o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, xunto coa secretaria de Igualdade da Executiva Socialista, Natalia González, participarán na manifestación de Vigo.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, estará, pola súa banda, na marcha da Coruña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade