Publicador de contidos

Publicador de contidos

Planas: "Os xuristas desaconsellaron pedir a suspensión cautelar do veto á pesca de fondo"

Planas: "Os xuristas desaconsellaron pedir a suspensión cautelar do veto á pesca de fondo"

O ministro de Agricultura e Pesca pide centrarse en conseguir unha resolución favorable definitiva

Planas asegura na Radio Galega que cómpre modernizar a frota para enrolar xente moza

G24.gal 02/12/2022 09:46 Última actualización 02/12/2022 10:45

O ministro de Agricultura e Pesca Luis Planas di que cómpre modernizar os barcos para facer máis atractivo o traballo para a xente nova, e tamén máis seguro e con sistemas enerxéticos máis eficientes grazas aos novos combustibles.

Ademais, Planas defende que os avogados do Estado recomendaron non pedir unha suspensión cautelar da norma comunitaria que prohibe pescar en 87 zonas do cantil europeo, unha norma que prexudica especialmente os palangreiros da Mariña.

Planas argumenta que, segundo os expertos, o tribunal de xustiza da Unión Europea non adoita suspender normas de forma provisional. Segundo o ministro, o importante é que anule definitivamente a prohibición, aínda que haxa que agardar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade