Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Ministerio publica axudas por 4,1 millóns a 2.011 buques galegos para compensar a subida do gasóleo

O Ministerio publica axudas por 4,1 millóns a 2.011 buques galegos para compensar a subida do gasóleo

Esta compensación está destinada para o gasóleo consumido no período comprendido entre o 1 de maio e o 30 de xuño

A relación de potenciais beneficiarios está dispoñible na web do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación

Arquivo TVG Arquivo TVG
G24.gal 09/10/2026 13:14

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación publicou este venres unha nova relación de potenciais beneficiarios das axudas destinadas a compensar o incremento dos custos do gasóleo pola crise en Oriente Próximo, de 9,9 millóns de euros e para case 4.500 armadores que son propietarios de máis de 4.800 buques de pesca. Galicia é a comunidade que recibe a maior parte destes fondos, con máis de 4,1 millóns de euros para 2.011 barcos.

Esta compensación está destinada para o gasóleo consumido no período comprendido entre o 1 de maio e o 30 de xuño, o segundo tramo temporal desta liña de axudas, explica o Departamento liderado por Luis Planas.

Aínda que o período elixible destas axudas chega ata o 31 de decembro, o Ministerio decidiu abonalas de forma parcial en períodos máis curtos co fin de "axilizar a súa concesión e permitir que os posibles beneficiarios continúen coa súa actividade", sinala nun comunicado.

Os armadores dispoñen dun prazo de cinco días -entre o martes 13 e o luns 19 de outubro, inclusive- para comunicar erros, achegar as contas bancarias ou, no seu caso, renunciar ás axudas. A relación de potenciais beneficiarios está dispoñible na web do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

Ademais, este informa de que prevé realizar nos próximos días un novo pago de axudas correspondentes ao primeiro período desta liña de apoio, comprendido entre o 22 de marzo e o 30 de abril, cuxo groso se abonou en agosto, por un importe de 3,2 millóns de euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade