Publicador de contidos
Publicador de contidos

O mes de xaneiro remata con temperaturas primaverais

O mes de xaneiro remata con temperaturas primaverais

En Ourense acadarán os 20 graos

Temperaturas mínimas moi altas para o inverno, con ata 15 graos en Ferrol

G24.gal 29/01/2024 13:52

A semana comeza de novo con temperaturas moi agradables, que xa para despedir este primeiro mes do ano aínda van subir un pouco máis. Rematamos o mes de xaneiro cos abrigos gardados, e de momento seguiremos así. As temperaturas achegaranse aos 20 graos en Ourense e aos 18 en Lugo e Santiago. E se as máximas non son propias dun mes de xaneiro, as mínimas menos. En Ferrol a previsión é de 15 graos, dous máis que en Santiago e Vigo.

Hai días de primavera non tan solleiros coma este vinte e nove de xaneiro. Os abrigos que se usan a primeira hora quedan na man ou na casa ao longo da xornada. Son moitos os que agradecen que o inverno sexa suave, coma os que teñen problemas óseos, mentres que outros son conscientes de que a situación é preocupante, sobre todo par as vindeiras xeracións.

E se polo día as temperaturas son mornas, as noites desta fin de xaneiro non quedan atrás, con rexistros coma os 15 graos de Ferrol. Algúns o agradecen porque aforran acender a calefacción. Unhas temperaturas que fan que os areais das Rías Baixas pero tamén de parques e rúas de toda Galicia amosen imaxes atípicas do inverno.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade