Publicador de contidos
Publicador de contidos

O mal tempo anima a comer pratos de culler e obriga os turistas a tirar de paraugas

O mal tempo anima a comer pratos de culler e obriga os turistas a tirar de paraugas

Este 20 de xuño comeza o verán con tempo máis propio do inverno

G24.gal 20/06/2024 15:18 Última actualización 20/06/2024 17:03

Coa entrada do verán á porta, seguimos tirando dos pratos de culler para quentar o corpo.

As temperaturas parecen máis propias do inicio da primavera, cando non de pleno inverno. Estas son imaxes das sarabiadas das últimas horas na Terra Chá e na montaña de Ourense.

Estampas que nos levan a outros meses do calendario. "Este mes de xuño non está dando tregua", di unha veciña.

Xuño é xa temporada alta para o turismo. Pero os visitantes que chegan a Galicia atopan atractivos, tamén, no mal tempo. "Hai que abrir o paraugas pero non importa".

A auga estraga o negocio das terrazas para a hostalería, pero aviva outros, como é o caso da venda de paraugas. "Coa chuvia vendemos máis paraugas. Temos que telo sempre".

E é que como non queda outra, mellor poñerlle ao mal tempo boa cara.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade