Publicador de contidos

Publicador de contidos

O maior carillón itinerante do mundo soa en Tui

O maior carillón itinerante do mundo soa en Tui

Só existen uns 20 carillóns itinerantes no mundo e este é o máis grande de todos

G24.gal 24/08/2022 21:50 Última actualización 24/08/2022 22:24

As campás do carillón Lusitanus, o máis grande do mundo, repenicaron este serán na eurocidade Tui-Valença.

Só existen uns 20 carillóns itinerantes no mundo e este é o máis grande de todos.

É de bronce e pesa 700 quilos. Ten 63 campás de diversos tamaños dirixidas pola artista portuguesa Ana Elías.

Centos de persoas achegáronse  a escoitar este instrumento tan especial.

A sorpresa chegou cando o público recoñeceu as pezas que soaban, algunhas tan clásicas como a 'Para Elisa', de Beethoven.

Un momento especialmente emotivo foi a interpretación de 'Marigolds', unha homenaxe á dramática situación que atravesa o pobo ucraíno.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade