Publicador de contidos

Publicador de contidos

Estabilizado o incendio que levou por diante a capela de Santa Ana en Oímbra

Estabilizado o incendio que levou por diante a capela de Santa Ana en Oímbra

Da ermida só quedaron en pé os muros de pedra

O incendio quedou estabilizado contra as cinco da tarde

G24.gal 15/08/2022 14:59 Última actualización 15/08/2022 17:51

Moita pena e desolación entre a veciñanza de Oímbra porque viron como o incendio que comezaba onte pola tarde, pouco antes das cinco, na parroquia das Chás, subía moi rápido pola ladeira do monte e as lapas chegaron ata esta capela de Santa Ana, que quedou completamente arrasada.

Só quedaron as paredes de pedra en pé e non puideron salvar tampouco a imaxe da virxe, do que din todos aquí son moi devotos. Á dor pola perda do valor ecolóxico do seu monte súmase tamén esta perda moito máis sentimental. 

Cunha fonda tristura foron moitos os veciños e as veciñas de Oímbra os que se achegaron esta mañá para comprobar cos seus ollos como a capela de santa Ana quedou completamente calcinada polo lume. 

Moi emocionados din que perderon o que era un orgullo para todo o municipio de Oímbra, unha construción do século XV, e lamentan que non puideron salvar a imaxe da santa Ana, á que lle tiñan moita devoción. 

O lume volve cebarse co concello ourensán de Oímbra. O incendio forestal comezou pola tarde na parroquia das chás ao pe da estrada. Contan como nuns 40 minutos as lapas foron devorando a ladeira do monte ata que chegou á capela. Aquí non dubidan que é un incendio intencionado. 

Este incendio que dou estabilizado contra as cinco da tarde, aínda non está extinguido pero xa non ten lapas, os medios terrestres seguen vixiando para que non se reavive. Segundos as estimacións da Consellería do Medio Rural ardeu unha superficie de 70 hectáreas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade