Publicador de contidos

Publicador de contidos

O lume dá tregua: Galicia queda sen incendios forestais tras extinguir o de Pantón

O lume dá tregua: Galicia queda sen incendios forestais tras extinguir o de Pantón

O parte de Medio Rural inclúe os incendios de máis de 20 hectáreas e os que poñen en risco a poboación, dos que non queda ningún

Axentes forestais loitaban contra as lapas en Pantón Axentes forestais loitaban contra as lapas en Pantón
G24.gal 18/08/2022 23:22

Galicia quedou este xoves sen grandes incendios forestais tras extinguir o lume en Pantón. O informe da Consellería de Medio Rural recolle incendios de máis de 20 hectáreas ou que afecten grupos de poboación, dos que xa non queda ningún.

Na vila lucense arderon 35,94 ha. O lume comezou en varios focos, polo que desde a Consellería aseguran que todo apunta á súa intencionalidade. 

Este incendio xa foi controlado pola mañá e a última hora do día confirmouse a súa extinción.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade