Publicador de contidos

Publicador de contidos

O lume alcanza novas aldeas en Valdeorras tras 6.500 hectáreas queimadas

O lume alcanza novas aldeas en Valdeorras tras 6.500 hectáreas queimadas

O lume xa afecta as aldeas de Éntoma, Raxoá e Millarouso, no concello do Barco

G24.gal 18/07/2022 21:20 Última actualización 19/07/2022 02:44

O incendio que se mantén activo na comarca de Valdeorras non só non se controla, senón que cada vez avanza máis.

Desde esta tarde ameaza novas parroquias do concello do Barco e parece que vén unha noite de enorme preocupación.

O lume que está a asolar Valdeorras xa empezou o xoves, e a pesar dos medios e dos esforzos non houbo xeito de controlalo ata agora. Leva queimadas sobre 6.500 hectáreas.

Esta tarde cruzou o río Galir e xa está nas aldeas de Éntoma, Raxoá e Millarouso, no concello do Barco. Podemos dicir que esa é a nova zona cero.

O vento, forte e cambiante, é o que fai que as lapas avancen a tanta velocidade e sexan tan difíciles de atallar. 

Quince casas calcinadas en Alixo

A anterior foi a parroquia de Alixo, onde arderon 15 casas, unha primeira vivenda e outras rehabilitadas recentemente, pero todas habitadas.

Esta mañá os veciños aínda traballaban para que non se reavivase o lume. Pola noite houbo perigo en todas as parroquias.

Os de Alixo están convencidos de que a súa desgracia foi evitable.

Na loita contra este incendio levan participado, entre outros efectivos, 10 avións, sete helicópteros 32 axentes e 67 brigadas.
   

Esta tarde sumáronse aos labores de extinción bombeiros da Coruña.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade