Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Lugo supera o Adarve na quenda de penaltis

O Lugo supera o Adarve na quenda de penaltis

O partido e a prórroga remataron con empate a dous

Barreiro e Joselu marcaron os goles dos lucenses

G24.gal 02/12/2021 22:57

O Lugo tivo que agardar ata a quenda de penaltis para certificar o seu pase á seguinte eliminatoria. O Adarve, de Segunda Federación, púxolle as cousas moi difíciles a un equipo de Rubén Albés en que tiveron oportunidade moitos xogadores do filial. 

O partido comezou con gol do equipo madrileño. O gol de Portero fixo que o Lugo reaccionase e en cinco minutos Joselu e Manu Barreiro puxeron o 1-2 co que se chegou ao descanso. 

Só ían catro minutos do segundo tempo cando Portero marcou o 2-2. No segundo tempo o Adarve ameazou a porta de Whalley co fútbol que tanto éxito lle está a dar na súa categoría: moitas accións de fútbol directo e de balón parado. 

O Lugo aguantou e foi o dominador do treito final do encontro e da prórroga, onde mereceu marcar algún gol. Non tivo o acerto necesario e a eliminatoria decidiuse nos penaltis. Whalley foi decisivo ao parar os dous primeiros lanzamentos do Adarve. No Lugo fallou Pita e tivo que ser Campabadal no último disparo o que lle dese a clasificación ao seu equipo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar