O Lugo queda eliminado cun gol de córner directo
Joselu conseguiu empatar no 64 o tanto inicial de Marqués pero Riquelme, cun gol olímpico, sentenciou no 84
O Lugo despediuse da Copa na eliminatoria que, de superala, garantía xogar contra un equipo de Primeira División. O Mirandés, que viña de xogar o luns, entrou mellor no partido e Alejandro Marqués xa anotara o primeiro gol antes do minuto 5 do partido.
Malia o frío do ambiente e da temperatura Cris Ramos tivo a mellor ocasión do primeiro tempo (m24) e Iriome dispuxo doutra boa ocasión nada máis comezar o segundo tempo (m47). Gelabert puido facer o segundo do Mirandés nun achegamento moi claro xusto antes de de Joselu marcase o empate. Quedaban 25 minutos para o final e a eliminatoria estaba incerta.
Parecía encamiñada cara unha prórroga ata que nun lanzamento de córner directo executado por Riquelme o coiro acabou no fondo da rede, o gol co que o Mirandés segue soñando coa Copa cun enfrontamento diante dun gran rival.