Cargando resultados...
O Lugo pode asinar o seu mellor comezo de liga en 2ª división
Para lograr o obxectivo, ten que derrotar ao Alavés no Anxo Carro
G24.gal
09/09/2022 13:06
Última actualización 09/09/2022 15:36
O Lugo está en disposición de asinar o seu mellor comezo de liga en 2.ª división.
O Lugo leva dúas vitorias consecutivas. Derrotar o Alavés suporía ter 10 puntos de 15 posibles, uns números que nunca logrou o conxunto albivermello nas dez anteriores temporadas en que militou en 2.ª.
O míster Hernán Pérez coñece a estatística, pero, conta, que ninguén se relaxe con este inicio tan prometedor:
"Isto é unha carreira de fondo. Seguimos coa mesma humildade".