Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Lugo perde ante a Ponferradina

O Lugo perde ante a Ponferradina

O Lugo non puido coa Ponferradina no segundo test de pretemporada, que acabou significando a primeira derrota dos de Hernán Pérez

G24.gal 16/07/2022 21:57

O Lugo e a Ponferradina regalaron un entretido partido no que os bercianos foron máis efectivos de cara a portería.

Quince minutos tardaron en adiantarse no marcador. Foi logo dun penalti de Neyder Lozano a Zalazar que Cristian transforma no cero a un.

O Lugo dispuxo de boas oportunidades para empatar, como este remate de Sebas Moyano rexeitado por Makaridze.

Ademais da derrota, os lucenses sufriron dúas lesións. Xavi Torres, que actuou coma central, deixou o seu posto a Castrín por un problema muscular.

Sebas Moyano volveu contar con outra clara ocasión.

A Ponferradina puido aumentar a súa vantaxe pouco antes do descanso nesta gran oportunidade que se marcha fóra.

A piques de rematar a primeira parte, o Lugo aínda sufríría unha nova lesión no nocello de Clavería.

Trala reanudación, a entrada de Manu Barreiro deulle outro aire o ataque lucense. O santiagués amosouse moi activo e estivo moi preto de lograr a igualada en dous remates.

Sen embargo, o que chegou foi o dous a cero para a Ponferradina nunha contra culminada por Yuri no minuto 73.

Idrissa animou os últimos minutos coa súa rapidez e habilidade, pero os leoneses a punto estiveron de facer o terceiro nunha nova contra.

Ze Ricardo, unha das novidades do equipo, dispuxo dunha última ocasión para recurtar diferenzas, pero o encontro remataba con cero a dous para a Ponferradina.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos