Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Lugo consegue o primeiro punto da temporada en Tenerife (1-1)

O Lugo consegue o primeiro punto da temporada en Tenerife (1-1)

A vermella a Corredera co 1-0 cambiou o partido no segundo tempo

Cara e cruz de Alberto Rodríguez. Gol e expulsión innecesaria

G24.gal 22/08/2022 00:23

O Lugo igualou no campo do Tenerife un partido en que foi claramente inferior durente a primeira metade. O equipo chicharreiro acumulou oportunidades e tivo que aparecer Óscar Whalley para evitar o gol.

Non puido facer nada aos 37 minutos cando José Ángel enviaba o balón á rede logo dunha longa xogada na que a defensa foi pouco contundente.

No descanso Hernán Pérez deixou no banco a Baena e Idrissa e colocou no once a Chris Ramos e Cuéllar. Houbo mellora, que se fixo máis palpable tras a expulsión de Alex Corredera por cartón vermello directo. Foi logo dunha dura entrada sobre Xavi Torres.

Case deseguido, Alberto Rodríguez marcaba o empate ao rematar coa testa unha falta botada por Ze Ricardo. Quedaban máis de 20 minutos e o Lugo albiscaba incluso a vitoria. Manu Barreiro marcou un tanbto, anulado por claro fóra de xogo.

O propio Alberto Rodríguez, cunha entrada demasiado dura a Mo Dauda, equilibrou os dous equipos numericamente. Segunda expulsión da noite. Daquela, o Lugo defendeuse ben e asustou nalgún contragolpe ata o minuto 99 no que rematou o partido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos