Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Lugo comeza a Primeira Federación con vitoria

O Lugo comeza a Primeira Federación con vitoria

Un gol de Aguza no 81 deulle o triunfo aos de Munitis

Único equipo galego que comezou a categoría con vitoria

G24.gal 27/08/2023 22:33

Comeza ben o ano o equipo de Munitis tras unha vitoria moi traballada no Anxo Carro.

O Lugo presenta a súa candidatura a ser un dos equipos da zona alta na Primeira Federación. Comezaba o encontro de maneira moi disputada e non existiu un dominador claro na primeira metade.

Castillo adiantou ao Teruel na súa única ocasión no minuto 29 e Ledesma igualou no 33 nun balón parado nun dos poucos achegamentos do conxunto lucense.

Arrancou a segunda metade e o conxunto de Munitis mellorou. Xerou máis oportunidades e Aguza aproveitou un balón caído no bordo da área. 2-1 no minuto 81.

Puido aumentar a diferenza e rematar o encontro pero perdoaron... e case o pagan.

O Teruel tivo o empate na última xogada, mais non materializou a oportunidade.

Vitoria no Anxo Carro e o Lugo comeza con 3 puntos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade