Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Lugo anuncia a marcha de Miguel Loureiro

O Lugo anuncia a marcha de Miguel Loureiro

O xogador abandona o conxunto lucense despois dunha tempada

O cercedés xogará na S. D. Huesca en Segunda División

G24.gal 03/07/2023 13:20

Miguel Loureiro tamén será baixa no cadro do CD Lugo. Despois dos 23 xogadores que remataron contrato a pasada semana, o defensa de Cerceda será outra baixa tras chegar a un acordo o club lucense coa S. D. Huesca polo seu traspaso.

Loureiro xogou en Lugo unha única tempada, mais foi un dos fixos do equipo, disputando 40 encontros. Foi chave pola súa polivalencia, xogou de lateral en ambas as bandas e puido disputar tamén minutos como central.

Quedará para o recordo o seu único gol coa camisola albivermella. Un espectacular golpeo dende fóra da área que serviu para lograr a vitoria fronte ao Granada na xornada 21.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade