Cargando resultados...
O Logroño será o rival do Cangas na Copa do Rei de balonmán
A Copa do Rei xógase en Santander do catro ao sete de maio

G24.gal
11/04/2023 16:01
Última actualización 11/04/2023 16:08
O rival do Cangas Frigoríficos do Morrazo na Copa do Rei de balonmán será o Logroño. A Copa do Rei deste ano xógase en Santander do catro ao sete de maio. No caso de que o cadro do Morrazo pasara esta eliminatoria, enfrontaríase en semifinais ao vencedor do Cantabria-Valladolid.
O Barcelona vai polo outro lado do cadro. O finalista de Copa terá un oco nas competicións europeas da próxima temporada.
Vilanova: "Conseguimos escapar do Barcelona, Co Logroño temos un partido accesible".
"Imos con moitas ganas e ilusión. A gozar do premio, e agardamos estar ben acompañados pola marea ata onde cheguemos".