Publicador de contidos
Publicador de contidos

O lobo mata en Lourenzá un poldro valorado nuns 2.000 euros

O lobo mata en Lourenzá un poldro valorado nuns 2.000 euros

Nesta nova vaga de ataques tamén resultaron feridas varias cabezas de gando vacún

Félix Aragunde 08/11/2022 13:57

Un poldro de oito meses de idade apareceu morto nas inmediacións do recinto feiral de Vilanova de Lourenzá. O animal encontrábase coa súa nai nun prado pechado cando se produciu o ataque, que atribúen ao lobo.

Luciano Braña, dono do poldro: "Está cerrado o prado e teñen auga, polo que os vimos ver de cando en vez. Pola mañá, chamáronme para dicirme que o poldro faltaba, e apareceu comido aquí. A súa mai, nerviosa e correndo de arriba para abaixo, e o poldro, aí estendido".

O animal era dunha raza de montura, coñecida como paso fino colombiano. O seu dono, que pide un maior control dos lobos, estima as perdas en varios miles de euros, ao que hai que engadir o seu valor sentimental.

Luciano Braña, dono do poldro: "Tíñao valorado en 2.000 euros, por haber poucos da súa raza. Pero é peor perder un animal que estivo once meses na barriga da súa mai, e agora ía para nove meses. A ver se fan algo cos lobos, porque os nosos animais non os comen a eles".

Este non foi o único ataque rexistrado nos últimos días nos arredores da vila. No lugar de Pousada, tamén atacaron varias cabezas de gando vacún, que resultaron feridas. E na parroquia veciña de San Tomé hai constancia doutra incursión máis por parte do lobo.

O animal, dunha raza de montura, encontrábase dun prado pechado O animal, dunha raza de montura, encontrábase dun prado pechado
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade