Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		O Liceo tentará superar o Reus para pelexar pola Supercopa
O primeiro partido oficial da temporada poderá verse na G2 e G24 a partir das 16:00 horas deste sábado
                            G24.gal
                        
                            22/09/2023 22:03
                        
                        
                        
                        
                    
                    Rematou a pretemporada para o Deportivo Liceo. Este sábado estréase en competición oficial co primeiro título en xogo, a Supercopa de España. Os coruñeses enfróntanse na semifinal a un vello coñecido, o Reus, anfitrión do torneo (16:00 horas, G2 e G24).