Cargando resultados...
O Liceo quere pechar este venres a clasificación para a final da Ok Liga
Viaxa a Reus cun 2-0 que encamiña a eliminatoria
Foto Liceo
G24.gal
05/06/2025 14:09
Última actualización 05/06/2025 14:17
Terceiro asalto da semifinal da Ok Liga. O Liceo viaxa a Reus cun 2-0 que encamiña a eliminatoria. É aquela unha pista rabuda. Pero o Liceo aínda lembra que alí gañou a súa última Liga e está afeito a ambientes fortes. Haberá dous partidos en Reus para resolver, ou un quinto na Coruña
"Non pensamos nin no cuarto, nin no quinto. Pensamos no terceiro partido".
"Esperamos chegar mañá á final".
Nese caso tería unha semana para preparar a final, á que se dirixe o Barcelona, tamén con clara vantaxe no outro lado do cadro.