Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Liceo pon a directa cara á final da OK Liga

O Liceo pon a directa cara á final da OK Liga

Derrotou o Reus (4-0) no segundo partido das semifinais e viaxa a Cataluña coa eliminatoria encamiñada (2-0)

G24.gal 01/06/2025 13:46

O Liceo fixo valer o factor pista nos dous primeiros partidos da semifinal da OK Liga. A diferenza foi a contundencia coa que logrou a segunda vitoria. Despois dun primeiro partido agónico (4-4, decidido na quenda de penaltis) no segundo o conxunto coruñés estivo moito mellor que o seu rival e levou unha vitoria moi clara (4-0). 

Desta volta foi Tato Ferruccio, heroe co tanto do empate no primeiro encontro, o que marcou primeiro. Por diante no marcador o Liceo xogou con moita máis tranquilidade, sólidos en defensa e tirando proveito das contras. Foi así como chegaron o segundo e o terceiro goles. O segundo despois dunha magnífica xogada de Dava Torres. O terceiro anotado por Jacobo Copa ao rematar un pase de Ferruccio. O definitivo 4-0 marcouno Arnau Xaus aproveitando unha falta directa. 

O golazo de Dava Torres

A eliminatoria non está, nin moito menos, decidida pero a vantaxe do Liceo é clara. Agora tocaranlle dous partidos na sempre difícil pista do Reus (venres e domingo). No caso de precisaren un quinto partido sería o martes seguinte no Pazo dos Deportes de Riazor. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade