Cargando resultados...
Liceo-Reus, cara a cara na semifinal ao mellor de cinco asaltos
Dava Torres: "Non puidemos derrotalos e temos ganas de desquite"
Foto Liceo
G24.gal
30/05/2025 15:08
Última actualización 30/05/2025 15:24
Arranca a semifinal da Ok Liga. Liceo e o Reus, cara a cara ao mellor de cinco asaltos. O primeiro, hoxe, o segundo o domingo, ambos en Riazor. O Reus é esta tempada a besta negra liceísta. Derrotouno tres veces
Dava Torres: "Non puidemos derrotalos e temos ganas de desquite".
Albisca o capitán da nave desta volta un Liceo máis competitivo:
"Estamos nun momento idóneo para poder competirlles".
Recibirán os verdes o pulo dunha bancada numerosa e afervoada.