Publicador de contidos

Publicador de contidos

Simon Yates, virtual vencedor do Giro despois dunha exhibición colosal en Sestrieres

Simon Yates, virtual vencedor do Giro despois dunha exhibición colosal en Sestrieres

O británico atacou na terra do Finestre, onde perdera o Giro de 2018 con Froome

Del Toro e Carapaz, os dous primeiros da xeral, non se entenderon e perderon cinco minutos

Yates locerá mañá o rosa no paseo de Roma

G24.gal 31/05/2025 20:12

En 2018 Simon Yates experimentou unha das derrotas máis amargas na historia do Giro, cando parecía que o tiña na man, o día do Finestre, perdeu case 40 minutos. Del Toro tiña daquela 14 anos e Carapaz acabou cuarto aquel Giro. 

Sete anos despois, a penúltima xornada semellaba a última batalla entre Del Toro e Carapaz. Ninguén contaba con Yates, a 1:21 na xeral. Nin cando se argallou a fuxida gañadora ao pouco de arrancar, nin tampouco cando chegou a ascensión a Finestre. Pero aí cambiou o conto. Porque atacou Yates e Del Toro e Carapaz seguiron ao seu, sen colaborar, marcándose. 

Polo cumio Yates pasou a 1.37, xa como líder virtual. Logo encontrou a axuda do seu compañeiro Van Aert ata o porto de Sestriere. E aí, ata meta, Yates tirou a tope. Sen gardar nada. E deulle. Deulle para pechar a etapa terceiro, por detrás dos fuxidos Harper e Verres e con máis de cinco minutos de diferenza con Del Toro e Carapaz. 

Na xeral, o líder é agora Yates, con 3:56 sobre Del Toro e 4:43 con Carapaz. Os dous que preferiron regalarlle a vitoria antes que pelexar por ela.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade