Publicador de contidos

Publicador de contidos

Gauto despídese do Deportivo: "As cousas non saíron como as soñei e desexaba"

Gauto despídese do Deportivo: "As cousas non saíron como as soñei e desexaba"

O arxentino tan só estivo sobre o verde uns 300 minutos e non achegou ningún gol nin ningunha asistencia

Foto Deportivo Foto Deportivo
G24.gal 02/06/2025 12:07 Última actualización 02/06/2025 12:12

Unha vez acabada a tempada chega a hora das despedidas no Deportivo. Despois das de Jaime e Pablo Martínez, Juan Gauto quixo enviar unha mensaxe de agradecemento nas súas redes sociais. Cun carrusel de fotos que resume o seu ano na Coruña, acompañado dun emotivo texto, o arxentino di adeus ao Deportivo unha vez finalizada a súa cesión.

O extremo comeza agradecendo ao club pola estancia, asegurando que "foi un pracer e un orgullo formar parte deste club". Nunha tempada con pouca participación para o extremo, lamenta que non lle saísen as cousas, pero marcha coa conciencia tranquila "por deixar a pel en cada oportunidade que tivo".

"As cousas non saíron como as soñei e desexaba, pero vou tranquilo sabendo que, cada vez que me tocou xogar, dei o máximo", explica Gauto.

Na súa estancia na Coruña, tan só estivo sobre o verde uns 300 minutos, sendo un dos que menos participación tivo, e non achegou ningún gol nin ningunha asistencia.

Nove meses despois da súa chegada e coa tempada xa finalizada, o arxentino volve facer as maletas para regresar ao Basilea, equipo ao que pertence.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade