Publicador de contidos

Publicador de contidos

O vigués Jonatan Giráldez ficha polo OL Lyonnes

O vigués Jonatan Giráldez ficha polo OL Lyonnes

Na súa primeira tempada levou ao Spirit á final da NWSL. En marzo deste ano, gañou a Challenge Cup, o seu primeiro título nos Estados Unidos

G24.gal 02/06/2025 16:51 Última actualización 02/06/2025 16:58

O adestrador galego Jonatan Giráldez, ata o de agora no Washington Spirit da NWSL, fichou como novo técnico do OL Lyonnes de Francia, segundo anunciou este luns o club estadounidense nun comunicado.

Washington Spirit e OL Lyonnes forman parte do mesmo grupo, propiedade da empresaria estadounidense Michele Kang. O club anunciou, ademais, que o ata o de agora segundo de Giráldez en Washington, o tamén español Adrián González, quedará a cargo do banco do Spirit de aquí en diante.

Giráldez chegou ao Spirit hai xusto un ano, tras alzar a súa segunda Liga de Campións feminina e terceira Liga nas tres tempadas que dirixiu ao Fútbol Club Barcelona.

Na súa primeira tempada levou ao Spirit á final da NWSL. En marzo deste ano, gañou a Challenge Cup, o seu primeiro título en Estados Unidos.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade