Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Liceo non quere darlle opción ao Reus de meterse na eliminatoria

O Liceo non quere darlle opción ao Reus de meterse na eliminatoria

Pode sentenciar o enfrontamento este venres no terceiro partido da semifinal en terras catalás logo da vantaxe de 2-0 conseguida nos dous primeiros partidos

G24.gal 05/06/2025 19:51

Terceiro asalto da semifinal da Ok Liga. O Liceo viaxa a Reus cun 2-0 que encamiña a eliminatoria. É aquela unha pista rabuda. Pero o Liceo aínda lembra que alí gañou a súa última Liga e está afeito a ambientes fortes. Terá por diante dous partidos en Reus para resolver (venres e domingo) ou un quinto na Coruña no que non quere pensar ninguén dentro do equipo verde. No caso de resolver pola vía rápida a eliminatoria tería unha semana para preparar a final, á que se dirixe o Barcelona, tamén con clara vantaxe no outro lado do cadro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade