España derrota a Francia (5-4) e haberá final Ibérica na Liga das Nacións
Durante setenta minutos o equipo español foi moi superior e cun dobrete de Yamal chegou a ir gañando por 5-1
Francia reaccionou nos últimos quince minutos e púxolle emoción ao encontro
España superou a Francia nas semifinais da Liga das Nacións (5-4) e medirase a Portugal na gran final do domingo. Agardábase un partido parello, pero os campións da última Eurocopa estiveron moi por riba dunha selección francesa irrecoñecible ata o minuto 70 pero que reaccionou no treito final do encontro para darlle emoción aos últimos minutos.
🕺¡BÁILALO NICO!
— Teledeporte (@teledeporte) June 5, 2025
🛜Conexión Lamine-Oyarzabal-Nico Williams para que España mande en el marcador#SeleccionRTVE
🔴EN DIRECTO: https://t.co/L6feZ36SsW pic.twitter.com/dZUPLM5V96
Saíron os de Luis de la Fuente moi metidos no partido e despois dun par de avisos conseguiron adiantarse cun gol de Nico Williams no minuto 22. Só tres minutos máis tarde Míkel Merino poñía o segundo tanto. España marcou un terceiro tanto antes do descanso pero foille anulado a Huijsen por un fóra de xogo anterior.
¡Yamal para el tercero!
— Teledeporte (@teledeporte) June 5, 2025
😎Otra vez Lamine y Rabiot. Y otra vez el español le ganó la partida#SeleccionRTVE
🔴EN DIRECTO: https://t.co/L6feZ36SsW pic.twitter.com/hxQHvlbrV9
No comezo da segunda metade volveu a selección española a marcar goles a pares. Un penalti de Rabiot sobre Lamine Yamal transformouno o xogador do Barcelona no terceiro. No 55 era Pedri o que aproveitaba un pase de Nico Williams para anotar o cuarto.
¡Esto no para!
— Teledeporte (@teledeporte) June 5, 2025
Pedri saca los prismáticos para avistar Múnich y anotarle el cuarto a Francia#SeleccionRTVE
🔴EN DIRECTO: https://t.co/L6feZ36SsW pic.twitter.com/tJazjbmQsS
Francia recuperou parte do terreo perdido cun penalti marcado por Mbappé no 59 pero foi un espellismo porque no 67 Lamine Yamal marcaba o segundo da súa conta cun remate cruzado que superou a Maignan.
👑¡Este niño es de ORO!
— Teledeporte (@teledeporte) June 5, 2025
Lamine Yamal pone la manita ante Francia#SeleccionRTVE
🔴EN DIRECTO: https://t.co/L6feZ36SsW pic.twitter.com/Rgro8iGbM5

Parecía o partido decidido pero chegou a reacción francesa nos últimos quince minutos. Marcou no 78 de Cherki e no 84 Óscar Vivian anotaba en propia porta para poñer o definitivo 5-3. Xa no tempo engadido Kolo Muani remataba coa cabeza para poñer o 5-4. Quedaban dous minutos para o final pero a selección española conseguiu aguantar o resultado e meterse na final.