Cargando resultados...
O Liceo pecha a primeira volta con triunfo en Alcoi (3-5)
Os de Juan Copa remontaron un tanto inicial para asegurar o triunfo antes do descanso
Chegan á metade da OK Liga con 32 puntos de 39 posibles, e serán cabezas de serie na Copa
G24.gal
04/01/2026 17:22
Vitoria do Liceo na última xornada da primeira volta da OK Liga. Impúxose ao Alcoi por 3-5, todos os goles na primeira metade. Moi intensa.
Comezou adiantándose o Alcoi, pero Carballeira, Toni Pérez e Dava Torres puxeron o 1-3 aos dez minutos. Aínda que o Alcoi volveu marcar, dous goles máis de César Carballeira no treito final da primeira metade deixaron o partido sentenciado xa no descanso.
Con esta vitoria, o Liceo remata esta primeira metade da OK Liga con 32 puntos, e será cabeza de serie na Copa.