Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Liceo mantén o inicio perfecto co cuarto triunfo seguido

O Liceo mantén o inicio perfecto co cuarto triunfo seguido

Derrotou con contundencia o Sant Cugat cunha tripla de Ciocale antes de afrontar tres xornadas moi duras 

G24.gal 23/09/2022 22:46

O renovado Liceo comezou con bo pé a OK Liga e sumou diante do Sant Cugat (7-1) o cuarto triunfo noutras tantas xornadas. Tivo que sufrir nun primeiro tempo no que se adiantou o equipo catalán co gol de Pol Galbas pero reaccionou de contado e chegou ao descanso en vantaxe grazas aos tantos de Bruno Di Benedetto e Arnau Canal. 

A resistencia visitante durou ata o terceiro gol liceísta, obra de Alex Rodríguez de falta directa. A partir dese intre chegou o momento de Fabrizio Ciocale que cunha tripla goleadora fixo as delicias do público que se achegou ao Pavillón de Riazor. O sétimo gol marcouno o capitán Dava Torres para redondear unha goleada xusto antes de enfrontarse a Noia, Reus e Barcelona. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade