Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mauro Seguín segue coa súa progresión e proclámase campión de Europa sub-18 de 400 valados

Mauro Seguín segue coa súa progresión e proclámase campión de Europa sub-18 de 400 valados

O galego, do Club Marineda, impúxose na final en Rieti por diante do tamén español Tristán Luño

Ten 16 anos e hai dúas semanas falabamos con el, despois da vitoria nos campionatos de España que o deixaba á fronte da clasificación continental

G24.gal 19/07/2026 17:58

Mauro Seguín segue abraiando coa súa progresión nos 400 metros valados. O galego ten so 16 anos, pero acaba de proclamarse campión de Europa sub-18 en Rieti, Italia, cun tempo de 50.62, por diante do tamén español Tristán Luño.

Hai so dúas semanas, o coruñés do Marineda vencía nos campionatos de España en Castellón. Daquela marcou un tempo de 50.51, que o convertía no líder europeo da distancia.

Falamos con el no seu lugar de adestramento e, malia á súa progresión meteórica, non perde a calma. Así o deixaba claro: "Hai que ir paso a paso, centrarse no que ven, e non no que podo chegar a ser". E o que tocaba era "O campionato europeo, dentro de dúas semanas. Imos intentar ir por todo, defender o liderado europeo, e ver o que sae", indicaba daquela con toda a naturalidade do mundo. 

Pois o que saiu foi o ouro continental, nunha proba que gañou en Italia con ese tempo de 50.62 que confirma que Mauro Seguín é un dos nomes a seguir no noso deporte.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade