España, bicampioa do Mundo
A selección española suma a segunda estrela logo dun partido de dominio e ocasións que chegou ata a prórroga
Ferrán Torres anotou o único gol da final contra Arxentina, que quedará na historia como o de Iniesta en 2010
O santiagués Borja Iglesias, entre os novos campións mundiais
Foto: EFE
Un gol de Ferran Torres na prórroga, xa no minuto 106 da final do Mundial 2026, impulsou á selección española ao segundo título de campioa do mundo da súa historia fronte a Arxentina (1-0), en inferioridade numérica todo o tempo extra pola expulsión por dobre amarela de Enzo Fernández.
O equipo de Luis de la Fuente dominou de principio a fin o encontro, pero sen medida sobre a portería contraria ata o gol do triunfo, rematado por Ferran Torres tras un toque de cabeza atrás de Nico Williams despois dun centro de Pedro Porro.
Foto: EFE
Minuto a minuto
Ás 21:00h comeza a Gran Final do Mundial 2026 entre España e Arxentina. E xa coñecemos o XI inicial da selección de Luis de la Fuente á busca do seu segundo título
Solo quedan 40 minutos.#VamosEspaña | #CopaMundialFIFA pic.twitter.com/wr3VFPN70T
— Selección Española Masculina de Fútbol (@SEFutbol) July 19, 2026
No XI arxentino, Scaloni introduce tres trocos: Entran Montiel, De Paul e Nico González substituíndo a Nahuel Molina, Paredes e Giuliano Simeone
🏆 #FIFAWorldCup
— 🇦🇷 Selección Argentina ⭐⭐⭐ (@Argentina) July 19, 2026
📋 ¡Once inicial confirmado! ⚽
Así formará #Argentina para la final ante #España 🇪🇸 💪
🙌 ¡Alentemos todos juntos en este último paso! 🩵🤍 pic.twitter.com/PstmprUp7f
Comeza o partido en Nova York/Nova Jersey!!! España 0-0 Arxentina
A primeira ocasión é para España. Boa parede de Lamine con Olmo, e o rematede Yamal sáelle moi frouxo, sen problemas para o Dibu Martínez
Outra de España, que está a ter máis posesión. Lamine Yamal centra raso pero moi pechado, e adiántase Dibu ao remate
Outra boa ocasión de España que finaliza Oyarzábal cun remate desde a frontal. Detén Dibu Martínez
Cucurella remata desde a frotnal, e o balón marcha lambendo o pau de Dibu Martínez
Descanso en Nova York/Nova Jersey. Non hai goles na final do Mundial, logo dunha primeira metade de posesión e ocasións de España
Comeza a segunda metade co 0-0 inicial en Nova York/Nova Jersey
A primeira da segunda metade tamén é para España. Rouba Baena, conduce e remata de lonxe, sen problemas para o Dibu
E outra para España. Chega MOntiel para enviar a córner o pase da morte de Dani Olmo para Cucurella
Outro disparo lonxano de Dani Olmo, que o Dibu rexeita a córner con problemas
E outra máis para España, co centro de Lamine Yamal desde a liña de fondo e a cabezada de Ferrán, que sae centrada e atrapa o Dibu
Agora é Pedri quen proba ao Dibu, tamén polo medio e sen problemas para o porteiro
E, xusto a seguir, canonazo de Cubarsí. Desta volta, o Dibu rexeita con moitos problemas
Remate defectuoso de Laporte á saída dun córner, e o balón acaba sacándoo o Dibu
Mikel Merino asiste a Ferrán, e o seu remate marcha por pouco
España domina pero non é quen de finalizar. Agora é Rodri o que proba desde lonxe, pero o balón marcha moi alto
Expulsado Enzo Fernández!!Segundo cartón para o xogador de Arxentina, que queda con dez
E tivo a última España, nunha falta ao bordo da área que sacou Lamine, e o Dibu rexeitou a córner
Final do partido en Nova York/Nova Jersey!! Haberá prórroga, despois de que España tivese máis dominio e todas as ocasións do partido. Pero o gol non entrou, e haberá prórroga, que Arxentina xogará con 10 xogadores
Comeza a prórroga!! España ten trinta minutos para intentar evitar a quenda de penaltis contra un xogador menos
Ocasión clarísima de España!!Centra Pedri e Nico Williams peitea, pero o Dibu responde cun paradón!
GOL anulado a Nico Williams, logo dunha acción na área na que o árbitro indica unha falta de Mikel Merino máis que dubidosa, que nas repeticións non parece existir!!! A xogada non se revisa
E a máis clara do partido para España!!!Mikel Merino cabecea moi preto do pau un gran centro de Nico Williams
Descanso da prórroga en East Rutherford. Segue o empate sen goles malia a ese gol de Nico Williams, que non subiu ao marcador por unha suposta falta de Mikel Merino na xogada
GOOOOOOOOOL de Españaaa!!!Ferrán Torres colle o rexeitamento dun remate de Nico Williams ao pau, e marca o primeiro da final!!España 1-0 Arxentina na segunda metade da prórroga, e Arxentina xoga con 10!!
Marcou Ferrán o segundo á contra, pero o gol queda anulado por fóra de xogo
A primeira ocasión da Arxentina chega aos 115'. e é un centro de Messi que se envelena e sae por riba do traveseiro de Unai
Agora si a tivo Arxentina, nun centro desde a dereita que saca a defensa a córner con apuros
A secuencia de córners remata cun disparo de Giuliano Simeone desde a frontal da área pequena que marcha alto!!
FINAAAAAAAL do partidoooooo!!!!!España, bicampioa do mundo grazas ao gol de Ferrán no minuto 106', que xa está na historia do fútbol. O santiagués do Celta Borja Iglesias está entre os novos campeóns, que sumaron a segunda estrela no escudo de España!!!