O Liceo comeza en Barcelona o reto de revalidar o título de Liga
Álex Rodríguez: "O favorito é o Barcelona, pero o Liceo ten o seu ADN e sería moi grande repetir"
O Liceo comeza mañá o reto de revalidar o título de Liga. En directo, pola G2, visita ao Barcelona. Será o primeiro partido da final a cinco encontros. Tras eliminar o Calafell chega outro desafío para os homes que dirixe Juan Copa. Xogadores como Álex Rodríguez, transmiten ilusión.
"En agosto do ano pasado poucos crían en nós, pero tiñamos un obxectivo".
"O favorito é o Barcelona pero o Liceo ten o seu ADN e sería moi grande repetir".
Ambos os equipos chegan tras superar as súas respectivas series de semifinais pola vía rápida e ademais, o Liceo ten o aliciente de que busca reeditar o título, polo que se presentará na pista azulgrana con grandes obxectivos e a motivación a lume de biqueira.
Pero o Barça demostrou esta tempada que se conxuntou como nunca, esta en unha dinámica imparable e buscará o título que se lle escapou o ano pasado ao perder en semifinais ante o Reus Deportiu no quinto partido.